Proceso

O pasado 15 de novembro presentáronse os primeiros órganos de PODEMOS a nivel estatal. Pablo Iglesias Turrión foi elixido como Secretario Xeral xunto a un Consello Cidadán estatal conformado por 62 persoas, así coma un Comité de garantías democráticas formado por 5 titulares e 5 suplentes.

Dende o día seguinte, e ata o 5 de decembro, abriuse o prazo para a presentación de candidaturas á Secretaría Xeral e ao Consello Municipal da Coruña.

Nós

CLARO QUE PODEMOS A CORUÑA conforma unha lista plural para concorrer a este proceso electoral interno. Buscamos a máxima representatividade, incluíndo xente de todos os rangos de idade, procedente de áreas profesionais e académicas diversas, e con distintas formas de pensar PODEMOS.

Cremos que un cambio non so é posible, senón ademais necesario.

Liñas Xerais

Pensamos que este é un cambio que ten que ser emprendido tanto por arriba como por abaixo. O uso dos medios de comunicación como ferramenta do cambio na conciencia de época ten dado resultados evidentes nestos meses de vida de Podemos. Pero este proceso dará forma a un continente baleiro, se non emprendemos outro movemento dende abaixo e cara arriba. Esta é, na nosa opinión, a labor do Círculo, construir dende abaixo. E cremos que esto pode concretarse en tres liñas esenciais: un proceso de aprendizaxe colectiva en relación coa cidadanía (entendendo isto coma un fluxo de dobre dirección Cidadanía-Círculo); un funcionamento como ferramenta para por de relevancia as reclamacións da cidadanía (debemos ser quen de recoller e facer visibles para o conxunto da cidadanía da Coruña as reivindicacións dos movementos sociais, asociacións veciñais e o resto da sociedade xa organizada, así coma persoas en situación de exclusión); e por último é imperativo que invirtamos todo este coñecemento colectivo e a nosa capacidade de traballo en sentar as bases dunha proposta para o cambio no ámbito municipal, que será participada e consensuada pola cidadanía.

Eleccións Municipais

Cremos ademais que de cara aos próximos comicios municipais, debemos todos deixar as bandeiras e identidades na casa e confluir nunha fronte ampla cidadá que, cunha base de listas abertas e protagonismo da xente do común, faga efectivo o cambio de modelo social e urbán, relegando aos pudrideiros da historia ese outro modelo de cidade corrupta e de cartón-pedra de Vázquez e pikachus. Todos os axentes políticos socialmente comprometidos temos a obriga de ser audaces e xenerosos neste proceso, sen excusas nin cálculos corporativistas.

Propostas

  • A participación no proceso electoral municipal mediante a incorporación ás candidaturas cidadás.
  • A recuperación da cidade da Coruña para os cidadáns, favorecendo mecanismos que permitan participar nas decisións económicas, políticas e sociais do concello, establecendo presupostos participativos e consultas cidadás continuas.
  • A consolidación dos mecanismos de empoderamento cidadán mediante o fortalecemento da participación nos círculos territoriais e sectoriais do municipio.
  • O apoio e promoción da língua e a cultura galega e das políticas de igualdade e xustiza social.
  • O traballo activo na engranaxe do proxecto político de CLARO QUE PODEMOS no municipio.
  • O compromiso de transparencia e de rendición de contas tanto nos círculos territoriais e sectoriais como no Consello Cidadán Municipal así como garantir o cumprimento dos requisitos éticos dos candidatos aos cargos públicos municipais.
  • Establecer vías de comunicación permanentes cos diferentes actores e movementos sociais como sindicatos, preferentistas, traballadores/as autónomos/as, etc., co obxecto de encontrar solucións municipais comúns.
  • A promoción das redes de solidariedade e o apoio á sociedade civil organizada.

Mais información

A nosa lista